A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, do día de Nadal con datos ata as 18 horas do venres, confirmáronse 3.019 contagios en 24 horas, o que dispara os casos activos ata os 22.349.
Por áreas sanitarias, destes 22.349 casos activos, 3.828 son da área da Coruña, 1.740 da de Lugo, 2.871 da de Ourense, 3.245 da de Pontevedra, 6.398 da área de Vigo, 3.196 da de Santiago e 1.071 da de Ferrol.
A positividade nas probas diagnósticas efectuadas sitúase no 16,4%. Nas últimas xornadas realizáronse máis probas que nunca nos 23 puntos habilitados pola Xunta, incluídos os tres aeroportos e cinco estaciones de tren.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) comunica que nos hospitais o número de pacientes críticos non varía e permanece en 50. En canto aos enfermos de covid ingresados en planta de hospitalización hai un repunte moi leve, de 218 a 221 ingresados. En total, son 271 os galegos hospitalizados por Covid.
A UCI máis conxestionada é a do hospital Montecelo de Pontevedra, con 11 críticos.