Explotar unha caseta no mercadiño do 'Pazo de Nadal' custará 800 euros

Sanxenxo
12 de novembro 2025
Actualizado: 14:14

Só haberá 20 prazas dispoñibles, polo que a selección se fará en base a criterios como a orixinalidade, a calidade dos produtos e a proximidade territorial, priorizando o talento local

Cartel navideño de Sanxenxo
Cartel navideño de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

A Concellaría de Cultura e Eventos, dirixida por Elena Torres, presentou os primeiros detalles do "Pazo de Nadal", unha gran proposta festiva do Concello de Sanxenxo que transformará a Praza do Mar nun espazo cheo de luz, actividades e espírito do Nadal.

Acompañada polos edís de Turismo e Educación, Juan Deza e Nati Parada, a concelleira deu a coñecer a imaxe do cartel oficial deste evento que promete converterse nun dos grandes atractivos das festas tanto para veciños como para visitantes.

Do 5 de decembro ao 5 de xaneiro, o Pazo de Nadal ofrecerá actividades para gozar en familia: unha pista de xeo, un mercado artesanal e gastronómico, zona de restauración, atraccións infantís e propostas culturais que encherán de vida e alegría o corazón do municipio.

Desde este mércores, quen desexen formar parte do mercadillo do Nadal poden inscribirse a través de Nauta Sanxenxo. As bases e o formulario de inscrición están dispoñibles na web municipal do Concello e nas redes sociais oficiais.

A convocatoria estará aberta até o 23 de novembro, e só haberá 20 prazas dispoñibles, polo que a selección se fará en base a criterios como a orixinalidade, a calidade dos produtos, a diversidade de sectores, a sustentabilidade e a proximidade territorial, priorizando o talento local.

O prezo por caseta será de 800 euros, a abonar a Nauta Sanxenxo a semana previa á apertura do mercado. Ademais, a organización permitirá que dúas ou máis propostas compartan espazo, sempre con autorización previa.

"O Pazo de Nadal quere ser un punto de encontro entre a creatividade, o comercio de proximidade e a ilusión das festas", destacou a concelleira Elena Torres.

Os obxectivos desta iniciativa son promover o talento e a artesanía local, dinamizar a economía do municipio e consolidar este evento como unha cita de referencia no calendario do Nadal de Sanxenxo.

O mercado abrirá ao público de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, e cada expositor disporá dun espazo de 2x2 metros, con mostrador frontal, estrutura base e conexión eléctrica facilitada pola organización.