Faise pasar por un compañeiro para pedir adiantos de nómina

Umia
09 de outubro 2023

A Garda Civil detén a unha persoa por delitos de estafa, usurpación de estado civil e descubrimento e revelación de segredos. O detido accedeu a baséea datos da súa empresa, facéndose pasar por un compañeiro de traballo

Ordenador e tablet
Ordenador e tablet / The IET

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, detén a unha persoa de 49 anos de idade veciño de Caldas de Reis, como presunto autor dos delitos de estafa, usurpación de estado civil, descubrimento e revelación de segredos.

Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, o detido facíase pasar por un compañeiro e accedía á base de datos da súa empresa, para desta forma solicitar adiantos de nómina e desvío de diñeiro da vítima a outras contas bancarias.

No marco da operación "Inseguro" iniciada no pasado mes de setembro por mor da denuncia formulada pola vítima, tras recibir unha chamada da empresa para a que traballa, en relación a un adianto de nómina que supostamente solicitara a través do portal do traballador o cambio de conta bancaria.

A vítima non recoñece a súa firma nin os seus datos de conta bancaria, e a contía do diñeiro estafado ascende á cantidade de 1.400 euros. 

A investigación céntrase na análise e estudo dos distintos accesos ilícitos realizados a través do portal da traballador vía en liña, os datos de conexión, liñas vinculadas e datos bancarios utilizados, achegando desta forma sen ningún xénero de dúbidas a identidade do autor.

O detido xunto ás dilixencias instruídas, foi posto ao dispor do Xulgado de Cambados.