Falece a pontevedresa Mercedes Rajoy, irmá do ex presidente do Goberno

Pontevedra
15 de decembro 2019
Actualizado: 22:21

Mercedes Rajoy tiña 62 anos e foi achada sen vida no seu domicilio de Aravaca, en Madrid, polo seu marido, o parlamentario europeo, Francisco Millán Mon, tamén pontevedrés. A falta de que se confirme a causa oficial da morte, todo apunta a que faleceu por un infarto 

Mercedes Rajoy Brey (centro), nun acto na Deputación de Pontevedra. Ao seu carón, o seu irmán Luis, falecido en 2014
Mercedes Rajoy Brey (centro), nun acto na Deputación de Pontevedra. Ao seu carón, o seu irmán Luis, falecido en 2014 / Deputación de Pontevedra

A pontevedresa Mercedes Rajoy Brey, única irmá do ex presidente do Goberno Mariano Rajoy, faleceu de forma repentina este domingo no seu domicilio de Aravaca, en Madrid.

Mercedes Rajoy tiña 62 anos e foi atopada sen vida no dormitorio polo seu marido, o parlamentario europeo, Francisco Millán Mon, tamén pontevedrés.

A falta de que se confirme a causa oficial da morte, todo apunta a que faleceu por un infarto sufrido durante a madrugada.

O ex presidente do Goberno chegou ao Tanatorio Pontevedra en San Amaro, onde se velará á súa irmá, pouco antes das nove da noite. Uns vinte minutos despois facíao tamén o seu viúvo. O funeral celebrarse este luns, ás 18:30 horas, na Basílica de Santa María.

Mercedes Rajoy estaba destinada en Madrid como rexistradora da propiedade, a mesma profesión que dous dos seus irmáns, Mariano e Enrique. 

Casada en 1981, tiña tres fillos, Mercedes, Francisco e Enrique. O ano pasado, o 1 de novembro de 2018, faleceu o seu pai, Mariano Rajoy  Sobredo, aos 97 anos, e catro anos antes, o 27 de marzo de 2014, perdera ao seu irmán Luís.

Desde que se coñeceu a noticia do falecemento, as mostras de pésame por parte de membros del Partido Popular foron continuas.