Falece Antonio Cacabelos, edil do PSOE de Sanxenxo e presidente do Club de Xubilados de Portonovo

Sanxenxo
23 de setembro 2023

Cacabelos era veciño da parroquia de Dorrón e moi coñecido no municipio pola súa participación nas iniciativas sociais e culturais do municipio

Antonio Cacabelos nun pleno municipal
Antonio Cacabelos nun pleno municipal

O concelleiro do PSOE de Sanxenxo e presidente do Club de Xubilados de Portonovo, Antonio Cacabelos, faleceu este sábado por mor dun infarto.

Cacabelos era veciño da parroquia de Dorrón e moi coñecido no municipio pola súa participación nas iniciativas sociais e culturais do municipio.

Sempre estivo ligado ao Partido Socialista e comprometido co asociacionismo coa intención de facer máis participativo o Concello.

O Concello de Sanxenxo suspendeu os actos inaugurais da Festa da Empanada e o Pleno convocado para este luns.

A Corporación municipal de Sanxenxo emitiu un comunicado no que lamenta o "triste e inesperado falecemento esta mañá do concelleiro socialista e presidente do Club de Xubilados de Portonovo, Antonio Cacabelos".

O Concello decretará luto oficial ata o luns e as bandeiras ondearán a media asta como sinal de respeto e pesar pola perda.

Os concelleiros municipais queren expresar tamén as máximas condolencias a familiares e amigos do falecido neste difícil momento.