Falece en Montecelo un home de 91 anos, a vítima 212 da pandemia en Pontevedra

Pontevedra
11 de decembro 2021

A pandemia da covid-19 cobrou unha nova vida na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase dun home 91 anos que estaba ingresado en Montecelo. Segundo informou Sanidade, esta persoa padecía de patoloxías previas que se viron agravadas tras contraer a infección do coronavirus

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo / Mónica Patxot

A pandemia da covid-19 cobrou unha nova vida na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Trátase dun home 91 anos que estaba ingresado en Montecelo.

Segundo informou Sanidade, esta persoa padecía de patoloxías previas que se viron agravadas tras contraer a infección do coronavirus.

Este falecemento eleva a 212 as vítimas mortais da pandemia en Pontevedra.

A súa morte é unha das tres que comunicou Sanidade este sábado.

Ademais deste deceso en Pontevedra, morreron un home de 80 anos no Hospital de Ourense e unha muller de 86 anos no Hospital da Coruña.