Falece Ignacio Charlín Fuentes, fundador e administrador de Serga, aos 59 anos

Sanxenxo
15 de febreiro 2020

Este coñecido empresario de Sanxenxo falecía nas últimas horas como consecuencia dun cancro. O seu corpo vélase na sala 3 do Tanatorio de Sanxenxo e será incinerado este domingo 16 ás 13.00 horas no crematorio de San Marcos. O luns 17 vai celebrarse o funeral no Templo Novo de Sanxenxo ás 18.00 horas

Ignacio Charlín Fuentes, fundador e administrador de SERGA Xestión integral de Comunidades
Ignacio Charlín Fuentes, fundador e administrador de SERGA Xestión integral de Comunidades

Nas últimas horas falecía aos 59 anos de idade o coñecido empresario de Sanxenxo, Ignacio Charlín Fuentes, fundador e administrador da empresa SERGA Xestión integral de Comunidades, que fundou en 1987 en Sanxenxo.

Charlín Fuentes sempre foi un home emprendedor e caracterizouse como socio fundador das empresas Quencher Solutions e Gallaecia Sport Bar. Principalmente destacaba por ser pioneiro na administración de comunidades en Pontevedra e O Salnés. Ademais, era membro da Xunta de Goberno do colexio de administradores de fincas de Galicia.

O seu repentino falecemento producíase como consecuencia dun cancro provocando unha profunda consternación tanto en Sanxenxo como en Cambados de onde era oriundo e en Pontevedra onde era unha persoa moi coñecida e que mantiña estreita relación co mundo do deporte.

O corpo de Ignacio Charlín vélase no Tanatorio de Sanxenxo, na sala 3, e será incinerado este domingo 16 ás 13.00 horas no crematorio de San Marcos. O funeral polo seu eterno descanso celebrarase o luns 17 ás 18.00 horas no Templo Novo de Sanxenxo.