Marí Luz Fernández, presidenta da Federación de asociacións veciñais Boa Vila e presidenta da asociación de veciños San Bartolomé Centro, falecía nas últimas horas aos 74 anos de idade.
Esta veciña de Pontevedra mantivo unha intensa actividade durante décadas como líder do movemento cidadán e exercendo numerosas accións de protesta contra locais nocturnos que incumprían a normativa na contorna da Rúa Laranxo e contra o consumo de alcol na rúa.
Durante os últimos anos loitaba contra unha enfermidade dexenerativa, que lle mantivo lonxe dos focos mediáticos durante os últimos tempos.
En 2012 recibía o Premio Azor que concede a Brilat e sempre se mantivo como unha persoa moi activa e reivindicativa.
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra e presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, trasladaba o seu pesar polo falecemento desta coñecida veciña de Pontevedra.
Tamén o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, transmitía o pésame a súa familia a través das redes sociais: