Falece na súa casa aos 89 anos Manuel Charlín, patriarca do clan arousán

O Salnés
31 de decembro 2021

Manuel Charlín caeu no seu domicilio de maneira accidental. Aínda que ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvar a súa vida  

Manuel Charlín Gama
Manuel Charlín Gama

Manuel Charlín Gama, patriarca do clan familiar dos  Charlines, faleceu este venres tras caer de maneira accidental na súa casa de Vilanova de Arousa. 

Aínda que ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias, nada se puido facer por salvar a súa vida. 

Manuel Charlín, de 89 anos, arrastraba un longo historial delituoso con reiteradas condenas nos tribunais por narcotráfico. En 1990 foi arrestado no marco da chamada operación Nécora pero non foi condenado e saíu en liberdade catro anos máis tarde. 

En 1996 foron detidos todos os membros do clan e embargados os seus bens por un valor de 30 millóns de euros. A familia era propietaria da conserveira  Charpo (de Vilanova de Arousa) e a  cocedera  Sochar (na Illa de Arousa).

Foi condenado a 20 anos de prisión polo alixo de 600 quilos de cocaína do Halcón II e a outros 13 anos máis por branqueo de capitais.

Estivo en prisión desde 1990 ata o 17 de xullo de 2010, cando foi posto en liberdade. Cumpriu as súas penas no centro penal da Lama e no cárcere de Córdoba. Pouco antes da posta en liberdade de Manuel Charlín, varios membros do clan foron detidos na operación policial Repesca.

 

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora