Nas últimas horas falecía de forma repentina José Antonio Alonso Miranda, o xeneral ex xefe da Brilat entre os anos 2009 e 2013. Actualmente exercía como xefe de seguridade nos establecementos de El Corte Inglés das áreas de Galicia e Asturias.
Durante o tempo en que estivo ao mando do cuartel de Figueirido, os militares da brigada realizaron misións internacionais de éxito, principalmente en Afganistán.
Alonso Miranda destacou polo trato persoal e polo seu carácter dialogante. Foi o encargado de xestionar o acordo cos comuneiros de Salcedos en relación á ocupación duns terreos onde se desenvolvían prácticas militares simulando unha aldea afgá.
O ex xeral nacera no municipio de Coles (Ourense) e tivo unha importante colaboración co padroado reitor da Fundación Amigos de Galicia.