A Axencia Galega de Emerxencias AXEGA informou dun motorista falecido despois de chocar contra un coche en Vilagarcía de Arousa.
Segundo os datos ofrecidos polo 112, o accidente tivo lugar este luns, sobre as 21.30 horas, na avenida de Pontevedra, na recta de Rubiáns.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional, de Emerxencias de Vilagarcía e da Policía Local.
O falecido é un repartidor de comida a domicilio da empresa Glovo que chocou coa súa motocicleta contra un taxi que cruzaba para entrar na gasolineira.

Trátase da segunda persoa falecida no que vai de ano en accidentes de tráfico no termo municipal de Vilagarcía.
O pasado venres morreu un veciño de Caldas, de 55 anos de idade, nos Martices na PO-305 que vai a O Pousadoiro, despois de que o seu coche se saíse de vía, chocase contra outro vehículo aparcado.