Falece un home de 69 anos, ingresado por Covid-19 no Hospital Montecelo

Pontevedra
15 de agosto 2020

Según la Consellería de Sanidade, o home falecía na tarde deste sábado, xusto tres meses e medio máis tarde da última morte rexistrada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Debido ao virus xa son 17 as persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus
Servizo de Urxencias do Hospital Montecelo durante la crisis sanitaria do coronavirus / Mónica Patxot

Na tarde do sábado, unha persoa que fora diagnosticada como enferma de coronavirus faleceu no Hospital Montecelo. 

Trátase dun home de 69 anos de idade, que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP), e presentaba patoloxías previas, segundo confirmaba o departamento de prensa da Consellería de Sanidade e posteriormente a xerencia do centro pontevedrés.

Desde o inicio da pandemia son xa 17 as persoas falecidas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Esta morte prodúcese tres meses e medio despois da última vítima da Covid-19 en Montecelo, un paciente que falecía o 1 de maio deste ano.

A área sanitaria conta, tras esta perda, con 58 casos positivos e unha persoa ingresada no Hospital Montecelo. Ademais, persoal sanitario da área de Pneumoloxía atópase illado, en corentena, debido a que se detectou o caso dun paciente positivo de Covid-19 neste departamento que ingresara por outras causas e que na análise inicial había ofrecida un resultado negativo.