Un home de 70 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra converteuse este xoves na vítima mortal número 51 da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Segundo o último balance realizado polo Servizo Galego de Saúde, este xoves faleceron en Galicia seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas este home en Pontevedra.
Todos os falecidos tiñan patoloxías previas, segundo confirmaron fontes oficiais.
Dous dos falecidos procedían de residencias da maiores. En concreto, faleceron no Chuvi de Vigo unha muller de 90 anos que procedía da residencia Ballesol desta cidade e no Cegadi de Santiago un home de 79 procedente da residencia de San Salvador de Guntín.
O resto das vítimas mortais deste xoves foron un home de 102 anos que estaba ingresado no Hospital de Monforte en Lugo, unha muller de 88 no Chus de Santiago e un home de 63 no Chuac da Coruña.