Un operario de 45 anos faleceu este venres tras precipitarse dun primeiro piso mentres traballaba nunha obra en Chancelas, na parroquia de Combarro.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home, veciño de Pontevedra, faleceu sen que os profesionais sanitarios puidesen facer nada por salvarlle a vida despois de precipitarse dun primeiro piso.
Estaba a traballar con formigón no balcón da vivenda, desde o que caeu ata o chan.
Ademáis dos sanitarios, ao punto acudiron axentes da Garda Civil co fin de coñecer as circunstancias nas que se produciu o suceso, que tivo lugar ás 12:00 horas deste venres.
Desde o 112 solicitouse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil da localidade.