As festas do San Bartolomé de Famelga celebraranse este venres 19 de agosto. Así o anunciou este xoves o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, na presentación dun evento na que estivo acompañado por membros da Comisión de Festas.
O programa festivo arrancará á mañá cedo cun pasarrúas a cargo do grupo folclórico “Os Abrentes”, que tamén acompañará á procesión.
Os actos relixiosos desenvolveránse ás 11.45 horas cunha misa solemne na honra de San Bartolomé. A partir das 20 horas, no entorno do campo da festa actuará a Charanga Charandonga que animarán a tardiña coa súa música e o seu bo humor para que o público disfrute dunha xornada festiva. A verbena comezará ás 23 horas e estará protagonizada polo grupo “Descolgados” e a Disco Móvil Univers que se encargarán de prolongar a festa ata altas horas da madrugada.
O alcalde, Jorge Cubela, felicitou aos membros da Comisión de Festas por seguir mantendo vivas as tradicións despois da pandemia e animou á veciñanza de Famelga a disfrutar con responsabilidade destes festexos na honra de San Bartolomé.