FCC-Celta Prix, única empresa que aspira a xestionar o servizo provincial de recollida de lixo

Pontevedra
05 de decembro 2014

Técnicos da Deputación están analizando xa a oferta económica presentada pola empresa FCC-Celta Prix para xestionar o servizo provincial de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos. ÿ a única das tres que se presentaron a este concurso público que pasou o corte dos 30 puntos requiridos para acceder á apertura dos sobres.

Camión do servizo de limpeza e recollida de lixo

Agora, segundo o presidente da Deputación, Rafael Louzán, "terá que cumprir estritamente co estipulado nos pregos" para poder adxudicarse este contrato que ten unha duración de 25 anos.

Louzán destacou que o obxectivo é "ter en marcha canto antes ese contrato de adxudicación, co fin de poder iniciar nas primeiras semanas de 2015 este servizo", que vai afectar a 21 municipios. O único que pode retrasar estes plans é que a oferta económica non sexa viable ou que as empresas que quedaron fóra presenten un recurso.

A posta en marcha deste servizo provincial é unha iniciativa "moi ambiciosa", recordou o presidente provincial, dunha gran envergadura e cun elevado nivel de esixencia, para que se desenvolva coas máximas garantías de calidade, eficacia e solvencia. 

Para iso, xunto á proposta económica esixíase que as empresas presentasen un plan de viabilidade que demostre que a proposta de desenvolvemento do servizo que a empresa presenta e a súa oferta económica se adecúan e son plenamente viables.