Feijóo empeza en Pontevedra a súa recollida "voluntaria" de avais ser candidato

Pontevedra
09 de abril 2016

Rueda tamén anunciou que o vindeiro mércores se celebrará en Ponte Caldelas a primeira reunión de campaña do candidato para seguir dirixindo o PPdeG na que  fará balance da súa xestión á fronte do partido e explicará o seu programa "e todo o que quere facer"

Comité Ejecutivo provincial do Partido Popular
Comité Ejecutivo provincial do Partido Popular

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, empezou este venres en Pontevedra a súa campaña de recollida de avais para a súa candidatura á reelección neste cargo no congreso do partido que se celebrará en Ourense o próximo mes de maio.

Segundo aclarou o presidente provincial do PP de Pontevedra e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, na sede de Raíña Vitoria dispuxéronse "follas de firmas para avalar" e pediu aos membros do comité executivo do partido na provincia que "quen voluntariamente o desexe" rubriquen esta candidatura.

Rueda tamén anunciou que o vindeiro mércores se celebrará en Ponte Caldelas a primeira reunión de campaña do candidato para seguir dirixindo o PPdeG na que fará balance da súa xestión á fronte do partido e explicará o seu programa "e todo o que quere facer".