Feijoo pide ao Goberno que defina un plan de rebrote a nivel nacional

Pontevedra
31 de maio 2020

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo que solicitará unha nova prórroga do estado de alarma ata o 21 de xuño, con dúas novidades: será "mucho más liviano" que ata o de agora e a partir de 8 de xuño pasa a "testigo" ás comunidades que estean na fase 3

Feijóo en videoconferencia con Pedro Sánchez y los otros presidentes autonómicos
Feijóo en videoconferencia con Pedro Sánchez y los otros presidentes autonómicos / Xunta de Galicia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este domingo que solicitará unha nova prórroga do estado de alarma ata o 21 de xuño, con dúas novidades: será "mucho más liviano" que ata o de agora e a partir de 8 de xuño pasa a "testigo" ás comunidades que estean na fase 3.

Por tanto o presidente de cada comunidade autónoma será quen decida "los ritmos y las modalidades" da volta á normalidade nos seus territorios.

Sánchez alertou dos rebrotes que se están producindo nalgúns territorios "fruto de la irresponsabilidad individual de algunas personas".

Neste sentido, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no transcurso da duodécima videoconferencia con Pedro Sánchez e os outros presidentes autonómicos, pediu ao Goberno que defina un plan de rebrote a nivel nacional que, "baixo un criterio común", permita dar unha resposta "coordinada e eficaz".

Sobre este punto, confirmou que, pola súa banda, o comité clínico de expertos sanitarios de Galicia aprobou hai semanas un plan de actuación no caso de que se dea algún rebrote na Comunidade.

Ademais de insistir en pedir a mobilidade entre as provincias galegas, Feijóo pediu tamén que sexan as comunidades as que xestionen o ingreso mínimo vital para garantir que chegue con axilidade ás familias que peor o están pasando.

Nesta liña, lembrou que Galicia ten unha renda de inclusión social desde hai case 30 anos: "Temos experiencia de xestión, temos profesionais públicos e estamos a xestionar as pensións non contributivas que están financiadas con cargo ao Estado", aseverou.

No que afecta o turismo, tanto o interior como o internacional, o presidente do Goberno explicou que dentro de moi poucos días os españois "podremos disfrutar de las maravillas de nuestro país" e que "esperamos a nuestros visitantes desde el inicio del mes de julio con los brazos abiertos y los hoteles lo más seguros posible". "Disfrutarán de nuestra seguridad sanitaria. Encontrarán distancia física, pero cercanía emocional", afirmou.

Finalmente, Feijóo pediu tamén certezas no ámbito educativo para o próximo curso.