Felipe VI afirma en A Toxa que a guerra de Ucraína está a ser "un nexo de unidad y de solidaridad"

O Salnés
29 de setembro 2022

O rei Felipe VI inaugurou este xoves a IV edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, que concedeu o seu premio anual ao "valiente" pobo ucraíno pola súa "heroica resistencia"

Apertura do "Foro La Toja" Xunta de Galicia

O rei Felipe VI inaugurou este xoves a IV edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, que concedeu o seu premio anual ao "valiente" pobo ucraíno pola súa "heroica resistencia".

"España está con Ucraína", dixo no seu discurso o monarca, que expresou a "rotunda condena y rechazo" do país tanto á agresión como ás "pretensiones" de Rusia coa súa invasión. 

Para Felipe VI, "la violencia contra Ucrania ha resultado ser un nexo de unidad y de solidaridad" xa que reforzou o vínculo atlántico e a OTAN, e provocou unha resposta común europea no ámbito da seguridade e a defensa ou nunha política enerxética que minimice vulnerabilidades e dependencias excesivas.

Lembrou tamén consecuencias da guerra en Ucraína como a alza da inflación e considerou que a nova política monetaria dos bancos centrais debe compasarse coa atención ao crecemento económico e á evolución do mercado de traballo.

Da mesma forma, defendeu o interese de España, xunto con Portugal, de ter un papel máis activo no debate dos retos globais.

O embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, agradeceu a distinción e pediu que España siga apoiando ao seu país tanto con axuda humanitaria como con armamento.

Entre outras autoridades, asistiron á apertura deste Foro La Toja, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares; o alto representante para a Política Exterior e de Seguridade da Unión Europea, Josep Borrell; o líder do PP, Alberto Núñez-Feijóo e os ex presidentes do Goberno de España, Felipe González e Mariano Rajoy e de Arxentina, Mauricio Macri.

Na súa intervención, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, alertou sobre a "ameaza" que supón para os réximes democráticos europeos o auxe do "populismo de los extremos" que "utilizan" conceptos como a liberdade ou a verdade "como trampolín para asaltar la democracia y minarla desde dentro".

"No podemos persistir en el error de que la democracia sobrevivirá solo por la superioridad de sus principios", apuntou o presidente galego, que subliñou que a "mejor defensa" que pode ter o sistema democrático "es consolidarla con menos retórica y más hechos".

A este perigo "que nos acecha desde dentro", o titular da Xunta sumou amenazas externas que identificou con Rusia, a crise enerxética ou o aumento da inflación, que están creando "focos de incertidumbre" entre os cidadáns.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora