Felipe VI e a raíña Letizia acompañarán á princesa Leonor na súa primeira visita á Escola Naval de Marín

Pontevedra
12 de xullo 2024

Será a primeira visita que a princesa de Asturias fará a este centro da Armada, onde Leonor de Borbón continuará a partir do mes de agosto a súa formación militar. A estancia na Escola Naval de Marín da princesa prolongarase ata xaneiro do próximo ano

O rei Felipe VI, a infanta Sofía, a princesa Leonor e a Raíña Letizia
O rei Felipe VI, a infanta Sofía, a princesa Leonor e a Raíña Letizia / EFE / David Borrat

O rei Felipe VI, que estará acompañado da Raíña Dona Letizia e da princesa Leonor, presidirá o vindeiro martes 16 de xullo o acto de xuramento ou promesa ante a bandeira e a entrega de Reais Despachos na Escola Naval Militar de Marín.

Será a primeira visita que a princesa de Asturias fará a este centro da Armada, onde Leonor de Borbón continuará a partir do mes de agosto a súa formación militar.

A estancia na Escola Naval de Marín da princesa, que se prolongará ata xaneiro do próximo ano, completarase coa súa participación no cruceiro de instrución a bordo do buque escola Juan Sebastián de Elcano.

O seu pai e o seu avó realizaron a súa formación na Armada neste mesmo centro militar pontevedrés e, nos anos 1987 e 1958 respectivamente, tamén completaron o cruceiro de instrución neste buque escola.

A entrega de Reais Despachos coincide anualmente coa festividade do Día do Carme, patroa dos mariñeiros e da Armada Española, para condecorar aos novos oficiais da Armada.