Unha muller resultou ferida na mañá deste venres nun accidente na avenida Vilar de Vilalonga, en Sanxenxo.
Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, a muller conducía un vehículo sen carné.
Chocou co seu coche contra outro vehículo que estaba aparcado e incorporábase á calzada na avenida Vilar.
A continuación, o seu vehículo envorcou e a muller quedou atrapada no interior, de modo que tivo que ser excarcerada.
A condutora do vehículo sen carné resultou ferida e, tras a excarceración, tivo que ser trasladada a un centro médico. En principio, o estado é leve.
Até o lugar do accidente trasladáronse efectivos da Policía Local e o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e tamén a Garda Civil.
O accidente xerou gran expectación en Vilalonga, ao rexistrarse nun momento no que esta zona está moi concorrida.