Ferida leve unha peregrina que foi atropelada en Alba

Pontevedra
23 de maio 2018
Actualizado: 14:20

O suceso tivo lugar ás 8.30 horas da mañá deste mércores. Despois de atravesar a ponte do río Rons a muller camiñaba á altura da curva que leva á estrada de Vilagarcía cando foi alcanzada polo coche

Peregrino polo Camiño portugués ao seu paso por Alba
Peregrino polo Camiño portugués ao seu paso por Alba

Un peregrina que percorría o Camiño Portugués a Santiago de Compostela foi atropelado en Alba.

O suceso tivo lugar ás 8.30 horas da mañá deste mércores. Despois de atravesar a ponte do río Rons a muller camiñaba á altura da curva que leva á estrada de Vilagarcía cando foi alcanzada polo coche.

A peregrina foi ferida nunha perna, pero o seu prognóstico non reviste gravidade. Foi o propio condutor do vehículo quen avisou aos servizos de emerxencia e á Garda Civil para que levantase o atestado.

O accidente provocou atascos na circulación rodada, formándose unha gran caravana de vehículos.

O presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores, leva tempo advertindo dos problemas de seguridade viaria que existen nalgúns tramos concretos do camiño.

O cruzamento da N-550 en Pontevedra ou a perigosa saída de Pontevedra en San Caetano son só dous destes tramos perigosos polo que Tino Lores entende que o accidente deste mércores é "un aviso" para que se adopten medidas.

Tino Lores apunta que este ano a cifra de peregrinos que percorrerán o Camiño Portugués poderían superar as 80.000 persoas. Desde a asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns alertan de que ademais dos peregrinos tamén numerosos veciños cruzan por esa zona e que xa pediron persoalmente ao director xeral de Infraestruturas da Xunta unha solución sen que se teña acometido ningunha reforma polo momento.