Ferida unha ciclista portuguesa ao darse un golpe na cabeza

Sanxenxo
21 de agosto 2022

O accidente tivo lugar ás 13:52 horas deste domingo na zona de Montalvo. Segundo informaron fontes oficiais do Concello de Sanxenxo a muller ía sen casco

Bicicleta da ciclista ferida
Bicicleta da ciclista ferida / Concello de Sanxenxo

Unha ciclista de nacionalidade portuguesa resultou ferida este domingo ao darse un golpe na cabeza.

O accidente tivo lugar ás 13:52 horas deste domingo na zona de Montalvo.

Segundo informaron fontes oficiais do Concello de Sanxenxo a muller ía sen casco. 

Foi trasladada a Montecelo, consciente pero grave.