Ferido grave un motorista nun accidente na autovía do Salnés en Barro

Barro
10 de xullo 2020

O sinistro produciuse sobre as 19.00 horas na autovía AG-41, cando circulaba en sentido Curro. Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o motorista sufriu unha caída e, froito das feridas sufridas, tivo que ser evacuado. Presentaba, segundo as primeiras valoracións, politraumatismos

Autovía do Salnés no enlace con Ribadumia
Autovía do Salnés no enlace con Ribadumia

Os servizos sanitarios tiveron que evacuar ao hospital a un motorista que na tarde deste venres sufriu un accidente en Barro. 

O sinistro produciuse sobre as 19.00 horas na autovía AG-41, a coñecida como autovía  do Salnés, cando circulaba en sentido Curro, no termo municipal de Barro. 

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o motorista sufriu unha caída e, froito das feridas sufridas, tivo que ser evacuado

O prognóstico inicial é grave. Presentaba, segundo as primeiras valoracións, politraumatismos e tiña varios ósos rotos.

Ata o lugar do accidente trasladáronse efectivos sanitarios e da Garda Civil de Tráfico.