Ferido un condutor tras chocar coa súa furgoneta contra un poste da luz en Noalla

Sanxenxo
06 de agosto 2024

Segundo informou o Concello de Sanxenxo o condutor foi trasladado por unha ambulancia ata un centro sanitario para ser atendido das súas feridas que, en principio, non parecen graves

Accidente de tráfico en Noalla
Accidente de tráfico en Noalla / Concello de Sanxenxo

Un condutor resultou ferido tras chocar coa súa furgoneta contra un poste da luz en Noalla, na estrada da igrexa.

Segundo informou o Concello de Sanxenxo o condutor foi trasladado por unha ambulancia ata un centro sanitario para ser atendido das súas feridas que, en principio, non parecen graves.

Mentres tanto a estrada permanece cortada á espera da empresa subministradora xa que o poste da luz quedou cruzado en metade da vía.

Ao lugar do suceso acudiron efectivos de Emerxencias Sanxenxo, da Policía Local e a Garda Civil.