Ferido un feirante en Bueu ao recibir unha descarga eléctrica

Bueu
20 de agosto 2022

Segundo o relato da Policía Local o home é un feirante que estaba a realizar o enganche ao trasformador eléctrico da Banda do Río. Foi trasladado en ambulancia do 061 ata a unidade de queimados do Hospital Povisa, en Vigo

Ambulancia
Ambulancia / PontevedraViva

Un home resultou ferido con queimaduras de diversa consideración nos brazos tras recibir unha descarga eléctrica.

O accidente tivo lugar ás tres desta tarde na localidade de Bueu. 

Segundo o relato da Policía Local o home é un feirante que estaba a realizar o enganche do seu posto de hamburguesas ao trasformador eléctrico da Banda do Río.

Foi trasladado en ambulancia do 061 ata a unidade de queimados do Hospital Povisa, en Vigo.