Un axente da Policía Nacional resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado este mércores, sobre as 13.30 horas, na estrada PO-11 coñecida como a Autovía de Marín.
Segundo informou o 112, o sinistro consistiu nunha saída de vía á altura da curva dos Praceres. O coche policial chocou contra a mediana e envorcou. Ningún outro vehículo se viu implicado.
Foi un particular o que alertou do accidente ao Centro Integrado de Emerxencias 112 apuntando que un dos policías necesitaba asistencia sanitaria por un golpe na cabeza o seu compañeiro resultou ileso.
Os dous axentes estaban liberados e accesibles saíndo do coche polos seus propios medios.
Fontes policiais confirmaron o accidente e sinalaron que un dos axentes resultou ferido e foi trasladado ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.