Fernández Lores asina o préstamo de 2,5 millóns para mellorar a accesibilidade urbana e rural

Pontevedra
14 de decembro 2017

Na operación asinada con Abanca tamén se inclúen partidas para sumidoiros, zonas verdes e unha parte do parque infantil de Campolongo

Sinatura do crédito entre o Concello de Pontevedra e Abanca
Sinatura do crédito entre o Concello de Pontevedra e Abanca / PontevedraViva

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaba este xoves un acordo con Abanca por valor de 2,5 millóns de euros para o financiamento do crédito de 2017. 

O crédito establece un euribor a tres meses máis 0,076% e dous anos de carencia máis 10 anos de amortización. O diñeiro irá destinado a varios proxectos tanto para o rural como para o centro urbano.

Está previsto destinar 1.200.000 euros a melloras de accesibilidade no rural; 900.000 para esas mesmas melloras en zona urbana; 200.000 euros investiranse na rede de rede de sumidoiros; e 25.000 euros para creación e mellora de xardíns e zonas verdes. Por último destinaranse 175.000 euros para parques infantís en Campolongo e outros puntos do municipio.