Fervenza de Barosa reúne a máis de 300 persoas no Pazo da Crega nun desfile benéfico

Barro
25 de xaneiro 2015

Barro entregouse este sábado á solidariedade e a moda nun Pazo da Crega que se quedou pequeno para albergar as máis de 300 persoas que alí se deron cita no desfile benéfico organizado pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa

Desfile benéfico organizado por Fervenza da Barosa
Desfile benéfico organizado por Fervenza da Barosa / Fervenza da Barosa

Barro entregouse este sábado á solidariedade e a moda nun Pazo da Crega que se quedou pequeno para albergar as máis de 300 persoas que alí se deron cita para o desfile benéfico organizado pola Asociación Cultural Amigos da Fervenza da Barosa.

As achegas de alimentos, na súa maioría de leite, cacao, azucre ou aceite entregáronse á Fundación Amigos de Galicia, que realiza un gran labor humanitario e que en palabras do seu director, Jesús Busto, presente no acto agradeceu a organización de "iniciativas como esta que axudan e contribúen a un mundo mellor".

Durante os 90 minutos que durou o desfile puidéronse ver todo tipo de creacións de moda de home, muller, ou neno, ademais de tocados, estética ou xoias realizadas en papel.

Faustino Batallán, vicepresidente de Fervenza da Barosa e portavoz mostrou o seu "agradecimiento aos veciños, que contribuíron a que entre todos poñamos un broche final exitoso do terceiro Nadal Solidario de Barro con este desfile benéfico".

Ao terminar o desfile unha sesión lounge music patrocinada por Viña Moraima e queixos Pazo de Anzuxao prolongou unhas horas máis devandito evento.