Festa infantil para celebrar a chegada do Aninovo en Marín

Marín
31 de decembro 2023

Decenas de escolares participaron na festa organizada polo Concello de Marín durante o mediodía deste domingo 31 de decembro na Alameda como recreación previa á toma de uvas da noite

Festa infantil de fin de ano en Marín Concello de Marín

Decenas de escolares, acompañados por familiares, acudían este domingo 31 de decembro á Alameda de Marín para celebrar unha festa de chegada do aninovo.

Os máis pequenos gozaron do ambiente festivo e dunha actuación cómica recreando a toma de uvas tradicional no proceso de cambio do 2023 ao 2024.

A actividade está promovida polo Concello de Marín dentro da programación de Nadal.