A Festa da Ostra viaxa pola ría para presentar a que confían que será a "mellor" edición da súa historia

Soutomaior
11 de marzo 2025
Actualizado: 20:13

O Concello agarda 30.000 persoas os días 4, 5 e 6 de abril en Arcade e, para quentar motores, degusta ostras maridadas cos tres albariños de Soutomaior sobre un bateeiro na Enseada de San Simón

Presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade sobre un bateeiro
Presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade sobre un bateeiro / Mónica Patxot

Na Ría de Vigo, en plena Enseada de San Simón e co peirao de Arcade de fondo, o alcalde, Manuel Lourenzo, fixo unha chamada á participación masiva na "festa máis insigne de Soutomaior", a Festa da Ostra, que este ano chega á súa edición número 37. 

O Concello quixo rachar moldes este ano e presentou a XXXVII Festa da Ostra de Arcade no propio mar, sobre o bateeiro Perla Negra. Autoridades, viticultores, hostaleiros e representantes da confraría de pescadores puideron degustar xa un anticipo da festa

Como marca a tradición, a festa será a primeira fin de semana de abril, os días 4, 5 e 6, tres xornadas nas que agardan recibir máis de 30.000 persoas e vender máis de 100.000 pezas de ostras

Lourenzo destacou a ostra como "emblema do concello e da vila de Arcade" e quixeron ir á súa cuna para presentar esta nova edición, na que se venderá a prezos populares, 10 euros a ducia de ostras e 12 euros a botella de viño albariño das tres marcas de Soutomaior: Noelia Bebelia, Quinta das Eiras e María Vinyals.

Durante a presentación, o propio alcalde animouse a abrir as ostras e todas as persoas presentes degustaron un adianto, esas ostras co "maridaxe perfecto que fai co albariño de Soutomaior".

A cita da primeira semana de abril está "riscada de maneira obrigada no calendario" e, segundo o alcalde, permite poñer en valor "a excelencia da gastronomía" de Soutomaior e tamén a hostelería do municipio. 

"Podemos presumir do produto con sabor a mar por excelencia, a ostra de Arcade", destacou o alcalde. 

Pablo Garrido, Abel Losada, Manu Lourenzo, Silvia Cernadas e Paco Iglesias, na presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade
Presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade sobre un bateeiro
Abel Losada, Manu Lourenzo e Silvia Cernadas, na presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade sobre un bateeiro
Presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade sobre un bateeiro

PROGRAMACIÓN COMPLETA

A programación inclúe "un sinfín de actividades" e é resultado de moitos meses de traballo para buscar unha festa que estea "á altura do que a veciñanza merece" e que sexa "a mellor" da historia desta festa declarada de Interese Turístico de Galicia

O pregoeiro este ano será Celso Fernández Sanmartín, 'Celsiño', de quen Lourenzo destacou que é "unha persoa moi vinculada con Arcade". Lerá o pregón o domingo 6 ás 13.00 horas. 

As casetas de degustación abrirán o sábado ás 12.00 e o domingo ás 11.00 e, como é habitual, será destacada a programación musical, coas "mellores orquestras do país" e "charangas de referencia". 

O venres 4 de abril actuarán as orquestras América de Vigo e París de Noia. O sábado serán Olympus e Kubo e o domingo pola tarde haberá actuación dos 'Festicultores Troupe' a partir das 18:00 horas.

Pablo Garrido, Abel Losada, Manu Lourenzo, Silvia Cernadas e Paco Iglesias, na presentación da XXXVII Festa da Ostra de Arcade
Pablo Garrido, Abel Losada, Manu Lourenzo, Silvia Cernadas e Paco Iglesias, na presentación da XXXVII Festa da Ostra de ArcadeMónica Patxot

RECUPERACIÓN DA OSTRA

Á presentación non faltaron concelleiros dos tres partidos da Corporación e tampouco o subdelegado do Goberno, Abel Losada, que destacou unha dobre dimensión desta festa gastronómica, "a turística, que crea emprego e riqueza" e o seu impacto para "a recuperación no cultivo artesán dos productos do mar" e insistiu en que o produto "está moi bo". 

Neste impacto sobre a recuperación do sector insistiu tamén o alcalde, que deu a coñecer que o proxecto Ostreares, co que se busca recuperar a actividade de aproveitamento marisqueiro dos bancos naturais de ostra autóctona na enseada de San Simón, xa deixa cifras alentadoras e permitiu xa recuperar 3.500 ostras reprodutoras

Así, desde a Confraría destacan que nas estruturas instaladas na enseada de San Simón xa hai desde hai tres anos 500 reprodutores e desde o pasado outono, outros 3.000. Son reproductores de ostras nos que confían para lograr desove e, polo tanto, servirán como base para a reprodución da especie. Son exemplares que non se poden aínda comer, pero sí servirán para recuperar a especie na zona.