Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores

Cerdedo Cotobade
15 de setembro 2022

O churrasco e o polbo á feira, servido por "O Pulpo da Mila", protagonizarán a oferta gastronómica do venres pola noite

Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores
Festas en Corredoira na honra da Virxe das Dores / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde en funcións de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, e os membros da Comisión de Festas de Corredoira, José Miguel Martínez e María Dolores Fraguas, fixeron público o programa lúdico-festivo que se desenvolverá os días 16 e 17 de setembro na honra da Virxe das Dores.

O programa festivo arranca o venres día 16 de setembro ás 21 horas cunha xornada gastronómica protagonizada polo polbo á feira e o churrasco servido por "O Pulpo da Mila". A continuación terá lugar a verbena amenizada por La Noche, de O Grove, e Millenium.

A xornada do sábado estará protagonizada pola Charanga Os Encerellados que farán o pasarrúas. Ás 13 horas haberá misa solemne na honra da Virxe das Dores, seguida de procesión. A sesión vermú correrá a cargao da Charanga Os Encerellados que porán punto e final á celebración destas festas na Corredoira con bo humor e ritmo.

O alcalde en funcións do Concello de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez, agradeceu aos membros da Comisión de Festas a súa implicación para seguir adiante con estas tradicións e animou aos veciños de Corredoira a disfrutar con "sentidiño" destas celebracións.

Asimismo, aproveitou a ocasión para brindarlle á veciñanza a oportunidade de aproveitar o novo centro sociocultural da parroquia para que as festas dispoñan das infraestruturas necesarias para que sexan todo un éxito.