'Fideuá' con luras e berberechos Pescamar

Pontevedra
23 de abril 2022

Unha receita que nos trae os aromas do Mediterráneo e coa que aproveitaremos todos os beneficios dos berberechos e as luras, caracterizados pola súa alta achega en proteínas de gran calidade

'Fideuá' Foto creada por wirestock - www.freepik.es

Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" na que aproveitaremos todos os beneficios dos berberechos e as luras de Conservas Pescamar para preparar unha popular receita da gastronomía valenciana: a 'fideuá'.

Este prato sitúa a súa orixe na localidade de Gandía a partir da anécdota xurdida nun barco pesqueiro no que o cociñeiro, cando xa tiña preparados todos os ingredientes para unha paella, decatouse de que non quedaban provisións de arroz no barco e, como si había fideos, decidiu rematar o prato deste xeito. 

Os berberechos son moluscos altamente nutritivos, grazas á súa achega en ferro. O seu baixo contido en graxas e gran porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes.

Desde un punto de vista nutricional, tamén a lura destaca polo seu contido en proteínas de gran calidade, necesarias para manter os músculos sans.

Para preparar unha deliciosa 'Fideuá' con luras e berberechos Pescamar, precisamos os seguintes ingredientes:

- 250 g. de fideos

- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar

- 1 lata de luras en salsa americana Pescamar

- 8 langostinos

- 1 cullerada de aceite de oliva

- 1 cullerada de fariña

- cuarto litro de caldo de peixe

- 1 cebola

- 1 dente de allo

- 1 pemento vermello

- 1 tomate

- 1 folla de loureiro

- sal e pementa branca

- 6 tomatiños cereixa

- follas de albáfega

Preparación:

Picamos a cebola e o pemento moi miúdos e os pasamos polo aceite. Engadimos o allo tamén moi picado e o tomate en pequenos anacos.

Cando a mestura estea sofritida, incorporamos a fariña, removendo rapidamente durante uns 3 minutos, evitando que se torre.

Vertemos aos poucos o caldo de peixe sen deixar de remexer. Salpementamos ao gusto.

Agregamos as latas de berberechos al natural Pescamar e de luras en salsa americana Pescamar, ademais dos langostinos, previamente pelados e picados, e a folla de loureiro. Deixamos cocer durante 5 minutos. Reservamos.

Mentres tanto, poñemos tamén a cocer os fideos. Cando alcancen o punto "ao dente", procedemos a escorrelos e colocámolos nunha fonte. Recubrimos coa mestura que reservaramos e adornamos cunhas follas de albáfega e os tomatiños cereixa partidos á metade.

Nunha quincena, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora