Figueirido tomará as uvas ás 12 do mediodía

Vilaboa
26 de decembro 2023

O domingo 31 ás 12.00 horas adiántase a celebración das badaladas de fin de ano no Parque de Figueirido, en Vilaboa, nunha acción que contará co acompañamento da Banda da Escola de Música de Vilaboa. Quen queira participar deberá levar as súas doce uvasspansegoe>

Tomar as doce uvas é unha arraigada tradición do Nadal
Tomar as doce uvas é unha arraigada tradición do Nadal

Unha iniciativa veciñal baixo o lema 'En Figueirido imos dar as badaladas' poñerase en marcha este domingo 31 de decembro cunha despedida do ano ao mediodía da xornada.

Ás 11.45 o Parque de Figueirido acollerá a actuación especial da Banda da Escola de Música de Vilaboa que dará paso á toma de uvas tradicional, pero con doce horas de antelación.

É necesario que quen queira participar destas badaladas leve as súas doce uvas para tomalas nesta sesión diúrna.

Desde a organización, coa que colabora o Concello de Vilaboa, indican que tamén está prevista a apertura dunha pequena cantina con bebidas para as persoas asistentes e chocolate á venda.