Fin á primeira fase de saneamento e renovación do pavimento en Pedreiras

Marín
28 de outubro 2022

Segundo explicou a alcaldesa, María Ramallo, búscase agora financiamento para continuar coa execución deste proxecto, que se divide en catro fases en total

Visita de María Ramallo a Pedreiras de Arriba, en Marín
Visita de María Ramallo a Pedreiras de Arriba, en Marín / Concello de Marín

Pedreiras de Arriba, en Marín, goza xa da primeira fase de rehabilitación na zona que inclúe a instalación dunha rede de saneamento separativa xunto a unha nova pavimentación do firme.

Esta fase, recentemente finalizada tras varios meses de traballo, supuxo un investimento de 202.464 euros.

Agora, segundo explicou nunha visita á zona a alcaldesa María Ramallo acompañada dos concelleiros Pablo Novas, Marián Sanmartín e Manuel Santos, búscase financiamento para continuar coa execución do proxecto, que se divide en catro fases na súa totalidade.

Finalizada a actuación Pedreiras de Abaixo será ese seguinte tramo no que se actúe e co que se siga traballando na liña de poder instalar toda a rede de sanemiento separativa no municipio.