A música de "Rap a Golpe de Beatbox" e ás exhibicións de scooter, bmx, skate, e patinaxe agresiva puxeron o fin de festa a tres xornadas de "Campeche Gravando", un evento que reuniu a produción audiovisual e a cultura urbana.
É o particular "Marisquiño" que celebra Marín na contorna do Parque Azul, organizado pola Asociación Deportiva e Social IZEL United.
Na última xornada incluíuse unha "batalla de galos", unha actividade na que dous rapeiros enfróntanse cos seus versos dedicándose as súas máis incisivas rimas.
A outra pata do Campeche son os talleres impartidos por Dani Antelo e Alex Alonso que inician ao público nos conceptos básicos do audiovisual desde un punto de vista práctico e sempre ligado a estes deportes urbanos.
Ademais esta iniciativa colabora coa asociación Megabi Skate un proxecto que envía monopatines usados para os mozos etíopes.