Fin de festa para unha concorrida edición da Festa do Mar

Poio
27 de agosto 2017

A Festa do Mar de Combarro chega este domingo ao seu final despois de cinco días de celebración e un gran número de asistentes en cada unha das súas xornadas

Última xornada da Festa do Mar 2017 en Combarro
Última xornada da Festa do Mar 2017 en Combarro / Diego Torrado

Despois de cinco días de celebración gastronomica, musical e tradicional a Festa do Mar de Combarro chega este domingo ao seu final.

Faino presumindo, na súa XVII edición, do seu poder de convocatoria cunha grande afluencia de visitantes ao longo de cada unha das xornadas.

Tamén a deste domingo, con varios puntos fortes como a XXII Concentración de Embarcacións Tradicionais ou o peche da V Mostra da Canción Mariñeira.

Ademais da mostra gastronómica, a programación do último día de festa péchaa a orquestra Capitol cunha actuación ás 22:00 horas na Praza da Chousa.