Pontevedra permanecerá estes días con diversas actividades de lecer dentro das xornadas previas á chegada do Aninovo.
As propostas son as seguintes, segundo indica o Concello de Pontevedra a través do programa de Nadal.
Para este venres, 29 de decembro, está previsto:
• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. A Parda e no Barrio do Burgo: Bóla de Nadal en madeira e taller de maquillaxe fantasía no Nadal Animación de rúa con temática de Nadal, cinema e obradoiros.
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Canicouva: Os tres porquiños no Nadal
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Estribela. A galiña Piti
• 17.00 h. Nadal nos centros culturais. Lérez. É cousa de maxia
• 17.00 e as 19.30 h. Nadal nos centros culturais. O Gorgullón. Pasacalles do Apalpador e O Show de Fifo.
Nadal no Mercado.
• 18.00h. Obradoiro infantil « O mundo dos peixes »
• 20.30 h. Concerto de V de Maceta.
O sábado 30 de decembro a programación será a seguinte:
• Ganapán:
• 11.00 - 12.00 h. Obradoiro gastro: As nosas tradicións. Tizón de nadal
• 12.30 - 13.30 h. Obradoiro Crea. As nosas tradicións. Marioneta apalpador.
• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. Praza do Hospital. Manualidade: Portacandeas estrela recheo de pasta alimenticia e Taller de tarxeta de desexos de ano novo.
• 17.00 horas. Nadal nos centros culturais: A Devesa, Alba. É cousa de maxia.
• 17.00 horas. Nadal nos centros culturais. Centro Sur: A galiña Piti
• 17.30 horas. Nadal nos centros culturais: Marcón. Discoteca infantil de Nadal.
• 19.00 horas. Nadal nos centros culturais: Cabaleiro, Campañó. Teatro infantil. Contos á luz dunha estrela
• Nadal no Mercado
• 13.00 horas Concerto micro aberto. Black Hole
• 20.30 horas. Concerto de Su Garrido.
O domingo 31 de decembro, día de final de 2023, o programa inclúe:
• 16.30 - 20-30 horas. Merca no barrio. Monte Porreiro. Manualidade:Reis magos con paus de madeira e feltro, e xogos predeportivos e de relevos.
• Nadal no Mercado
• 11.00 horas Obradoiro « Fai o teu propio cotillón »
• 13.00 horas. Festa!
• 14.00 horas. Badaladas
Xa o día de Aninovo, 1 de xaneiro, o gran acontecemento será o Concerto de Aninovo coa Orquestra Filarmónica de Pontevedra a partir das 19.30 horas no Pazo da Cultura. As entradas xa están todas esgotadas, segundo informan desde o Concello.
Ademais, durante estas datas, tamén permanece aberto o Poboado de Nadal da Ferraría cun horario de 11.30 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas onde se pode atopar o mercado de artesanía e nadal e a ambientación de nadal. O 1 de xaneiro estará pechado.
O Bosque de xogos da praza de España continúa facendo as delicias do público familiar coa tirolesa, a pista de xeo e o tobogán xigante aos que se pode acceder coa presentación dun tícket do comercio local. Está aberto de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 22.00 horas. O horario do 31 de decembro será de 11 a 14 e de 17 a 20 horas. O 1 de Xaneiro tamén permanecerá pechado.
A Carpa de xogos, tamén no Bosque de xogos da Alameda e da praza de España, con actividades para cativos de 0 a 12 anos, estará aberta de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Neste caso tampouco haberá actividade durante o Aninovo ao igual que o Nadal Xogos no Recinto Feiral con talleres, contacontos, inchables e xogos tradicionais.