O Teatro Principal de Pontevedra acollerá unha formación específica sobre crianzas con altas capacidades intelectuais (AACC) os días 21 e 22 de xuño.
Baixo o título "Crianzas con AACC: O reto de educalos", estas xornadas buscan proporcionar ferramentas para comprender e apoiar a estes menores.
A formación, que se desenvolverá en horario intensivo, con descansos, de 09:00 a 17:00 horas o sábado e de 10:00 a 19:00 horas o domingo, abordará diversos aspectos como o entendemento das altas capacidades.
Tamén está previsto tratar os mitos a desterrar, as necesidades emocionais dos cativos, e estratexias para xestionar as sobre excitabilidades.
O psicólogo clínico Alejandro Busto, fundador de Psicoloxía Ceibe xunto a Olga Carmona, será o encargado de impartir estas xornadas organizadas por Crianza Respectuosa Informada e con Apego, o Concello de Pontevedra e Psicoloxía Ceibe.
As persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición a través do correo electrónico [email protected], tendo en conta que as prazas son limitadas.
A actividade está promovida por Rede Cría, asociación sen ánimo de lucro de familias residentes en Galicia que fomentan unha crianza respectuosa informada e con apego seguro.