A reforma e peonalización da ponte do Burgo atópase, agora si, na súa recta final e falta só de pequenos detalles para poder proceder á súa recepción e inauguración.
Así o confirmou este martes a portavoz do goberno local, Anabel Gulías, recoñecendo que "agardamos rematar en breve". De feito falou de que "sería a finais de mes", valorando a data do 25 de xullo á espera de que o concelleiro Demetrio Gómez coordine os actos que se celebrarán para conmemorar a renovación desta emblemática infraestrutura.
Financiada con fondos europeos, as obras da ponte do Burgo sufriron diversos atrasos, principalmente derivados da situación provocada polo Covid e o estado de alarma.
"Tivemos problemas non só este Concello cos provedores, sobre todo en cuestións que teñen que ver con electrónica, que nos complican", explicou Gulías.
O coronavirus impedirá unha gran celebración na reapertura da ponte, pero en todo caso "celebrarase e se poñerá a disposición da veciñanza esta obra", confirmou a edil.
Concluídas hai meses as actuacións relativas á obra civil, nas últimas semanas os traballos están centrados na instalación da nova iluminación da ponte.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.