Fiscalía pide oito anos de prisión para un home por abusar sexualmente dunha moza

Pontevedra
18 de abril 2023

Os feitos que se xulgaron tiveron lugar o 17 de setembro de 2019 na vivenda doutro mozo, implicado neste caso pero que faleceu antes do seu procesamento  

Xuízo contra un mozo acusado dun delito de abuso sexual
Xuízo contra un mozo acusado dun delito de abuso sexual / PontevedraViva

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou visto para sentenza un xuízo contra un mozo acusado dun delito de abuso sexual. 

Os feitos que se xulgaron tiveron lugar o 17 de setembro de 2019 na vivenda doutro mozo, implicado neste caso pero que faleceu antes do seu procesamento.

A suposta vítima declarou a porta pechada. Segundo a referencia que fixo a Fiscalía do seu testemuño, a muller relatou que se atopou cos dous mozos no piso e nun momento dado os dous homes empezaron a espila o que lle provocou unha situación de bloqueo, quedándose inactiva ante os tocamentos e a pesar de detectar tal situación o procesado e o seu amigo continuaron cos seus actos ata lograr a penetración.

Despois a moza alertou do que lle acababa de suceder nun grupo de WhastApp conformado por compañeiros de traballo, acudindo dous deles a axudala. Estes dous homes explicaron ao tribunal que se atoparon á moza "en estado de shock" e "desorientada".

O fiscal pide que o acusado sexa condenado a oito anos de prisión e reclámalle unha indemnización de 20.000 euros polos prexuízos sufridos.

Pola súa banda, o acusado só quixo responder as preguntas do seu avogado, explicando que el e o seu amigo quedaran sobre as catro e media da tarde para "tomar algo" e que ao chegar á súa casa este díxolle tamén que ía ir unha amiga. Beberon alcol, xogaron e bailaron, foi entón cando, segundo declarou o acusado, a moza e o seu amigo "se liaron" e os tres decidiron manter relacións sexuais. "Ella se sacó la ropa, nadie la ayudó", dixo o procesado.

Asegurou que a moza estivo primeiro co seu amigo e logo con el ata que nun momento ela levou as mans á cara e dixo: "pero ¿Qué estoy haciendo? ¿Cómo puedo hacerle esto a mi novio?" Nese momento pararon, segundo declarou o acusado, entón a moza foise á ducha e eles recolleron todo. Despois, engadiu, estiveron os tres falando e fumando.

Este mozo negou forzar ou intimidar á moza,"nunca me dijo que parara" e "ninguno estaba borracho",engadiu. "Estoy aquí para demostrar mi inocencia. Creo en la justicia", concluíu o acusado dirixíndose ao tribunal.

Durante a vista oral tamén se recolleu o testemuño que o outro mozo prestou no seu día no xulgado no que explicaba o sucedido nos mesmos termos insistindo en que as relacións foron consentidas. 

O fiscal mantivo a súa petición dunha sentenza condenatoria ao entender que "el testimonio de la víctima ha dejado acreditado que hubo una relación no consentida" e que "hubo una situación forzada que provocó un estado de shock y bloqueo de la víctima". 

O representante do Ministerio Público considera que a declaración da moza é proba suficiente para alcanzar unha condena ao "reunirse todos los requisitos" como son a ausencia de incredibilidad subxectiva, a verosimilitud das manifestacións da vítima e a súa persistencia na incriminación. 

"Su declaración tiene toda la credibilidad" insistiu o fiscal no seu informe no que tamén apuntou a "posibilidad clara y real de que los acusados concertasen sus declaraciones".

Na sala tamén se achegaron os informes periciais de psicólogos e psiquiatras, algúns deles do IMELGA e do CIM, que explicaron que a moza era "una persona especialmente vulnerable" e que, por mor destes feitos, sofre un trastorno de estrés postraumático crónico.