Flashmob estudantil para difundir a corresponsabilidade nos coidados

Pontevedra
21 de febreiro 2020

Estudantado de secundaria mantiña un encontro no Consello da Muller Nova coa concelleira de Igualdade, Paloma Castro, onde se acordou a actividade que se vai a desenvolver o vindeiro 9 de marzo na praza da Ferrería con diversas actuacións reivindicativas e de sensibilización

Consello da Muller Nova
Consello da Muller Nova / Concello de Pontevedra

O Consello da Muller Nova celebrábase este xoves dentro da programación establecida de traballo por parte dos estudantes pertencentes a centros de ensino secundario do municipio coa presenza de Paloma Castro, concelleira de Igualdade e Benestar, e de Rosa Campos, directora do CIM (Centro de Información á Muller).

Durante este encontro establecéronse os puntos principais sobre os que se vai a desenvolver o acto previsto para o 9 de marzo na praza da Ferrería. Será un evento en que os estudantes de secundaria volverán traballar sobre conceptos de igualdade e, en concreto, sobre a corresponsabilidade nos coidados.

Paloma Castro indicaba que o alumnado traballara de maneira intensa nas últimas semanas para poñer en marcha un flashmob que terá difusión entre os diferentes centros cunha letra que, anunciou, non deixará indiferente a ninguén.

Ademais do flashmob no evento do día 9 tamén se ofrecerán actuacións de baile sobre a canción 'La puerta violeta', de Rozalén, e unha obra de teatro sobre corresponsabilidade, titulada 'Sororidade'. Neste caso trátase de traballos elaborados por estudantes do Frei Martín Sarmiento.