Fomento comezará as obras de mellora na N-541 en Mourente a finais deste ano

Pontevedra
02 de outubro 2014

Os Presupostos Xerais do Estado contemplan estas obras

Veciños de Mourente e Bora acudieron ao Pleno para reclamar saneamento
Veciños de Mourente e Bora acudieron ao Pleno para reclamar saneamento

O proxecto de mellora do trazado e da seguridade viaria na N-541, no lugar de Pazos, sairá a información pública nas próximas semanas, tal e como llo confirmou a Senadora Dolores Pan ó voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Jacobo Moreira. De feito, a intención do Ministerio de Fomento é comezar as obras a finais deste ano.

"Acabouse o tempo de falar de proxectos, é o momento de falar de obras", sinalou o voceiro popular durante a rolda de prensa deste xoves na que comunicou este anuncio, asegurando que deste xeito o compromiso particular de Jacobo Moreira cos veciños de Mourente "é hoxe unha realidade".

Dende o Partido Popular entenden que agora o Concello de Pontevedra deberá dotar unha nova partida para levar a cabo as obras de saneamento nesta parroquia.

"O normal sería que o Concello se puxese de acordo con Fomento para facer as obras de saneamento ó tempo que o Ministerio executa as melloras do trazado e da seguridade viaria, deste xeito evitaranse incomodidades aos veciños", indicou Jacobo Moreira quen engadiu que "o goberno de Lores debe facelo rápido porque non teñen moito tempo".

O goberno local de Pontevedra está a traballar nunha nova modificación de crédito con motivo do terceiro convenio de rede de sumidoiros coa Xunta de Galicia, para dar resposta ás demandas dos veciños de Mourente e de Bora.