Fontoira recuperará o seu vello lavadoiro e verá humanizada a súa contorna

Sanxenxo
29 de novembro 2023

Uns 22.000 euros é o investimento previsto polo Concello de Sanxenxo para abordar unha actuación que permitirá restaurar o lavadoiro de Fontoira e acondicionar toda a súa contorna

Lavadoiro de Fontoira
Lavadoiro de Fontoira / Concello de Sanxenxo

Uns 22.000 euros é o investimento previsto polo Concello de Sanxenxo para abordar unha actuación que permitirá restaurar o lavadoiro de Fontoira e acondicionar toda a súa contorna.

Case a metade do custo destas obras será financiada con cargo a unha subvención concedida a Sanxenxo pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Os traballos consistirán na limpeza de pintadas, no lavado con chorro de auga a presión ou area, no acondicionamento do desaugadoiro do lavadoiro, na canalización e tapado de arquetas existentes mediante reixas e na limpeza da cuberta con cobertura de tella do país. 

Ademais, está prevista a creación de beirarrúas perimetrais ao lavadoiro de 1,80 metros de ancho para evitar encharcamientos e o chapado de pedra en zona de manancial e muros existentes. 

Finalmente, instalaranse unhas novas luminarias LED na zona do lavadoiro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora