Forte incremento do paro en Pontevedra, Sanxenxo, O Grove e Vilagarcía

Pontevedra
05 de novembro 2018

O número de desempregados na provincia de Pontevedra subiu o último mes un 3,81%, aínda que na comparativa anual reflíctese un descenso do 8,76 % (6.417 desempregados menos) nos inscritos no servizo de emprego público (SEPE)

Traballadores en Pontevedra
Traballadores en Pontevedra / Mónica Patxot

O número inscritos no servizo de emprego público (SEPE) deixou un forte incremento en municipios coma Pontevedra (138 desempregados mais), Sanxenxo (195), O Grove (144) e Vilagarcía (285).

Na provincia subiu en 2.451 persoas durante o mes de outubro na provincia de Pontevedra.

Esta cifra supón un aumento do paro no 3,81% no último mes, ata facer un total de 66.712 desempregados na provincia.

Con todo, estes datos contrastan coa comparativa anual, na que Pontevedra é a provincia galega na que máis descendeu o número de demandantes de emprego, un 10,21% (7.589 persoas) durante os últimos 12 meses.

En canto aos números a nivel autonómico, o paro subiu en Galicia durante o mes de outubro en 3.424 persoas (un 2,06%), o que deixa en 169.744 as rexistradas nas oficinas de emprego. 

A taxa interanual na comunidade descendeu un 8,69% con respecto a outubro de 2017, o que supón 16.159 demandantes de emprego menos que hai un ano.

     Outubro     Setembro    Variación 
Pontevedra 5.726 5.588 138
Barro 254 244 10
Bueu 754 720 34
Caldas de Reis 663 641 22
Cambados 924 859 65
Campo Lameiro 121 123 -2
Cerdedo-Cotobade 315 313 2
Cuntis 281 272 9
O Grove 784 640 144
A Illa de Arousa 279 251 28
A Lama 159 141 18
Marín 1.657 1.577 80
Meaño 335 278 57
Meis 351 300 51
Moraña 280 286 -6
Poio 1.098 1.031 67
Ponte Caldelas 509 472 37
Portas 182 165 17
Ribadumia 312 264 48
Sanxenxo 1.070 875 195
Vilaboa 361 368 -7
Vilagarcía de Arousa 3.160 2.873 287
Vilanova de Arousa      708 648 60

 

Arquivado en