Francisca Olga Macías celebra o seu centenario na residencia de maiores de Campolongo

Pontevedra
05 de xuño 2020

Desde a entrada na fase 2 de desescalada as visitas aos centros de maiores comezáronse a permitir, aínda que con precaucións. Sen dúbida, o 100 aniversario de Francisca Olga Macías Martínez era un bo motivo este venres para aproveitar esta situación

Lores felicita a Francisca Olga Macías Martínez polo seu 100 aniversario
Lores felicita a Francisca Olga Macías Martínez polo seu 100 aniversario / Concello de Pontevedra

Desde a entrada na fase 2 de desescalada as visitas aos centros de maiores comezáronse a permitir, aínda que con condicións e certas precaucións. 

Sen dúbida, os 100 anos dunha das hóspedes do centro de maiores de Campolongo era un bo motivo este venres para aproveitar esta situación.

A protagonista do día era Francisca Olga Macías Martínez. Dona Francisca soprou as velas nun aniversario tan especial acompañada do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que afai felicitar aniversarios tan especiais.

O rexedor pontevedrés comprobou de primeira man o bo humor e estado de ánimo da nova veciña centenaria da cidade. 

Non era para menos, e é que superar unha fase tan delicada como a vivida as últimas semanas coa pandemia do coronavirus ben merece brindar pola vida.