Froiz estrea anuncio de televisión do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal

Pontevedra
08 de decembro 2023

Nesta nova campaña publicitaria, a presentadora de televisión Esther Estévez dá voz a varios clientes Froiz que comparten a súa ilusión polo sorteo de 1.000 cestas cheas de produtos típicos destas festas

Gravación do anuncio do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal de Froiz
Gravación do anuncio do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal de Froiz

Volve a ilusión do Nadal a Froiz. E faino cunha nova campaña publicitaria onde a presentadora de televisión Esther Estévez dá voz a varios clientes Froiz que comparten a súa ilusión polo sorteo. Porque un ano máis, en Froiz, sorteamos 1.000 cestas cheas de produtos típicos destas festas.

Con esta promoción queremos agradecer os nosos clientes a súa fidelidade e confianza ao elixirnos.

Nesta ocasión, gravouse unha peza audiovisual en dous idiomas (castelán e galego) e escolleuse á nova presentadora da Televisión de Galicia: Esther Estévez. Actualmente, Esther encárgase de conducir varios programas de televisión de máxima audiencia nesta cadea como son Digochoeu e Luar. Ademais, en redes sociais, Esther conta cun grande alcance, sobre todo, entre o público máis novo. A súa presenza nas redes Instagram e Tik Tok acumula preto de medio millón de seguidores. A súa frescura e naturalidade fixo que dende Froiz pensaramos nela para protagonizar o noso anuncio televisivo de Nadal, o cal é a súa primeira experiencia en publicidade.

A idea creativa deste anuncio do Sorteo de 1.000 cestas de Nadal inspirouse noutra peza que realizara a empresa en 1999. Aquel anuncio tiña lugar tamén nun supermercado Froiz e un reporteiro entrevistaba a varios premiados no tradicional sorteo de 1.000 cestas, os cales mostrábanse moi felices e cheos de ilusión polo premio. Na versión de 2023, quíxose modernizar esa escenografía mostrando a imaxe das nosas novas tendas, á reporteira Esther Estévez, como condutora da narración audiovisual, e unha representación máis actual dos nosos clientes. O anuncio de televisión de Froiz deste ano 2023 conta cun ritmo dinámico e un relato máis ameno.

Con este anuncio, dende Froiz queremos felicitar as festas a todos os nosos clientes e compartir a ilusión do noso tradicional sorteo de 1.000 cestas de Nadal. Non perdas esta promoción, porque unha das 1.000 cestas pode ser túa.

#EsNavidadEsFroiz #Froizsupermercados