A empresa Distribuciones Froiz S.A. presentou este martes a documentación para a comunicación previa para o inicio das obras do peche da fachada da parcela principal no polígono de Barro, cuxo inicio estímase antes dun mes.
Na firma do convenio, o pasado 23 de decembro, o empresario Magín Froiz comprometíase a facer o peche da parcela o antes posible e que o material utilizado sería pedra do país.
Froiz construirá o seu centro loxístico nesta parcela principal e noutras tamén adquiridas no polígono e, como indica o alcalde en funcións, José Sanmartín, "o comezo desta obra menor fai pensar que pronto teremos novas das futuras construcións que albergará dentro da poboación a posibilidade de que haxa máis postos de traballo".