Funcionarios da Lama concéntranse en apoio a un compañeiro expedientado "por defender os nosos dereitos"

Pontevedra
10 de xullo 2017

A plataforma Funcionarios de Prisiones Unidos volveu a concentrarse este luns ás portas da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, en defensa dun compañeiro ao que abriron un expediente que consideran "inxusto"

Concentración de funcionarios da Lama ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra
Concentración de funcionarios da Lama ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra / Mónica Patxot

plataforma Funcionarios de Prisiones Unidos, creada a nivel estatal para denunciar a situación de falta de persoal, recortes económicos e agresións, volveu concentrarse este luns ás portas da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, nesta ocasión, non para realizar as demandas que fixeron aflorar o colectivo, senón en defensa dun compañeiro ao que abriron un expediente que consideran "inxusto".

Un grupo de traballadores do centro penal da Lama concentrouse ante o edificio gobernamental na praza de España en solidariedade con ese compañeiro, Luís Javier, e para denunciar que o secretario xeral de Instituciones Penitenciarias, Ángel Yuste, abriulle un expediente disciplinario "por defender os nosos dereitos". 

Instituciones Penitenciarias abriulle expediente en base a unha serie de insutos, pero os compañeiros do funcionario amoestado sosteñen que "non ocorreron" e que hai un vídeo que o demostra. Na súa opinión, o motivo real de que se expedientara é "por amedentramento" ou "porque non quere que defendamos os nosos dereitos".

O portavoz accidental da plataforma en Pontevedra, de nome Carlos -prefire non facilitar o apelido-, lembra que este colectivo de Funcionarios de Prisións Unidos creouse á marxe do movemento sindical para defender "os dereitos laborais que estivemos perdendo durante moito tempo e que seguimos perdendo" e anuncia que vai seguir con concentracións cun calendario que se irá facilitando aos poucos.