Galicia Mellor Sen Touradas pide a dimisión de Miguel Filgueira como edil

Pontevedra
30 de agosto 2014

O colectivo abolicionista asegura respectar a súa postura individual pero enténdea incompatible "coa súa presenza como edil dunha formación que rexeitou as corridas de touros en diferentes foros"

Membros da plataforma Touradas Fóra de Pontevedra diante da plaza de touros
Membros da plataforma Touradas Fóra de Pontevedra diante da plaza de touros / Mónica Patxot

As declaracións do concelleiro de Sanidade Animal do Concello de Pontevedra, Miguel Filgueira, xustificando o seu apoio persoal á tauromaquia provocaron a reacción do colectivo Galicia Mellor Sen Touradas.

Os abolicionistas aseguran respectar a súa postura individual pero enténdena incompatible "coa súa presenza como edil dunha formación que rexeitou as corridas de touros en diferentes foros".

Por ese motivo o colectivo pide a dimisión de Filgueira como edil: "A postura da alianza é solicitar a renuncia como edil de goberno, e que se realice un exercicio de reflexión sobre a presenza de concelleiros taurinos nun goberno que declarou non apoiar a tauromaquia local", declarou o seu voceiro Rubén Perez.

Galicia Mellor Sen Touradas pregúntase ademais nun comunicado "que votaría" o concelleiro no debate dunha hipotética moción contra as corridas de touros en Pontevedra nun momento no que "miles de cidadáns xa piden a supresión do convenio" coa praza, defende Pérez.